Mare's profileASOCIACIÓN XUVENIL CULTU...PhotosBlogLists Tools Help

ASOCIACIÓN XUVENIL CULTURAL MARE PODIUM

"Une-T a Mare Podium" www.marepodium.org

Maios en Portonovo

A Festa dos Maios que organiza a Asociación de Veciños San Cristóbal de Portonovo este ano foi moi animada. O rematar invitaron a unha chocolatada e o recibimento que nos atopamos foi moi acolledor. As coplas dos rapaces do colexio de primaria de Portonovo e os do Teatro do Mar foron un ano máis moi alegres e cunha interpretación moi vistosa.
Os nenos do Teatro do Mar levaron o Premio a interpretación e o Maio Mare Podium acadou o Premio Maio Artístico o cal foi cedido pola Asociación Xuvenil Cultural Mare Podium ós rapaces do colexio de Portonovo.
 
 

Maios 2009 Poio e Combarro

Un ano máis celebrouse a Festa dos Maios por partida doble no Concello de Poio.
Ás 12 da mañá na Praza do Mosteiro de Poio participaron un total de oito maios. Acompañou moi bo tempo o que propiciou a asistencia de numerosas persoas a disfrutar dos maios e cantigas dos rapaces.
O sol pegaba con forza, pero a chuvia de premios foi acollida por tódolos participantes con moita ledicia, algo que facia tempo que non se miraba nos maios de Poio. Esperemos que se repita nas próximas edicións da Festa dos Maios que organiza o Concello de Poio.
Este ano os gañadores foron tódolos maios que participaron en Poio. Os maios estaban traballados, algo que merece especial mención pola nosa parte e no que nós traballamos especialmente, o ver os nosos compañeiros con maios ben peiteados e decorados, énchenos de satisfacción a labor do traballo ben feito por todos.
O Maio Mare Podium gañou: 3º Premio Coplas; 2º Premio Actuación; 2º Premio Coroa; 1º Premio Maio e o 1º Premio o Mellor Conxunto.
En Combarro o Ateneo Corredoira na sua labor incansable de recuperacion do noso patrimonio cultural organizou a Festa do Maios na Praza de Chousa ás 18:00 h. Neste certame participou un novo maio, o maio Xuventude, o cal esperamos que repita o vindeiro ano e o poidamos ver no Mosteiro. Felicitamos o Ateneo Corredoira pola organización deste ano da Festa dos Maios celebrada en Combarro.
Na sección de fotos do space atoparedes fotos dos maios deste ano.
 
 

PAINTBALL ABRIL 2009

Este sábado 25 de abril, facemos unha actividade de paintball no novo campo urbano instalado en Caldas polo Campo do Lobo. Saida pola mañá dende a Seca e regreso o mesmo punto. Estan tódalas plazas ocupadas polo que solo nos queda pasalo ben e soltar adrenalina.
 
                    

ENTROIDO POIO 2009

Ten razón o Diario de Pontevedra na sua edición de hoxe cando di que Obama está moi ocupado gobernado os EEUU. Nós estamos moi contentos do tercer premio de grupos adulto que nos levamos para a casa (non a blanca) e de que lle gustase a xente como ívamos. A nosa felicitación a tódolos premiados, e sobre todo ós que ademais de ir de entroido o pasaron ben, que para iso estamos.
Felicidades tamén a Angel Moldes e Luz Senra, por ser os únicos membros do xurado con bo humor para ir de entrodio. Este ano o Sr. Piñeiro non se animou, unha magoa.
Comeza o entroido, unha semana de troula que rematará co enterro do galo Fodorico. A saida do cortexo fúnebre do galo será o sabado 28 dende a Praza do Mosteiro ás 16:00 e rematará coa sua icineración na Praza de Arís.
 
 

Felices Festas

Mare Podium quere desexarvos un Bo Nadal e un Feliz 2009.
Que este novo ano veña cargado de éxitos e ledicia.

Cambio da Xunta Directiva

En Asemblea extraordinaria saiu unha nova directiva formada por:
 
Presidente: Enrique Muñiz
Vicepresidente: Daniel Neira
Secretario: Pedro Gómez
Tesoureiro: Alba Arís
Vocal 1º: Laura Casalderrey
Vocal 2º: Rebeca Troitiño

Xornadas de Limpeza nos Ríos de Poio

Dende a plataforma veciñal que naceu por iniciativa popular para a organización e realización das xornadas de limpeza dos ríos de Poio, convócase a tódalas asociacións e vecindade interesada nas xornadas de información e aportación de ideas que se van a realizar os venres ás 21:30 h. na Casa de Veciños do Pereiro, dando comezo a primeira destas reunións o venres día 15 de agosto.
As sesións de traballo nos cauces dos ríos darán comezo o sábado día 16 de agosto e de seguido os días: 23 de agosto, 5, 13, 20 e 27 de setembro e o 4 de outubro.
Animádevos a participar, o río e de tod@s; temos que coidalo para poder disfrutalo.
Se tendes algunha dúbida poñerse en contacto co coordinador da actividade: Xan Castiñeira no teléfono 658 761 030

Festa do Mar - Encontro de Embarcacións Tradicionais

Xa está a vosa disposición o programa da Festa do Mar.
O concerto de Unha Grande Chea está suspendido a última hora por motivos alleos a organización. Espérase contar con eles para o vindeiro ano.
Os amarres das embarcacións que participan na XIII Concentración de Embarcacións Tradicionais serán no pantalán de tránsito do Porto Deportivo de Combarro.
Como taberna mariñeira haberá unha carpa duns 600 m2 na explanada do porto deportivo. Nesta carpa entregaranse os premios as regatas de remo, vela, concurso de pesca con curricán, celebrarase o concerto de Debuxos Reanimados e moitas cousas máis.
Organiza o Clube Maríño A Reiboa.
 
cartel_encontros_combarro08
 

Parque Acuático de Cerceda

Este ano pensamos en ampliar as actividades de verán cunha excursión dun día o parque acuático de Cerceda. A saida será o venres 15 de agosto dende A Seca, ás 09:30 h. Cada un ten que levar a comida ou mercala no parque acuático.
Os socios que estén interesados en participar deben mandar un correo a mare_podium@hotmail.com indicando o nome e apelidos.
O 11 de agosto finaliza a inscripción e o número de prazas é limitado.

VIII FESTA DO MAR COMBARRO 2008

VIII FESTA DO MAR COMBARRO 2008 do 20 ó 24 de agosto.

Un ano máis a Festa do Mar ven cargada de sorpresas e novidades...
Festa Grastronómica na "Mostra Gastronómica". Combarro, Poio.
Feira das variedades na "Feira de Mostras das Rías Baixas, Mare". Combarro, Poio.
E por si alguén non o sabe celebrarase a "XIII Concentración de Embarcacións Tradicionais", como non en Combarro, Poio. Organiza o Clube Mariño A Reiboa.
 
Concertos: Chenoa, xoves 21 de agosto. A media noite no porto da canteira en Combarro, Poio.
                 Rosendo, venres 22 de agosto. A media noite no porto da canteira en Combarro, Poio.
                 El Combo Dominicano, sabado 23 de agosto. A media noite no porto da canteira en Combarro, Poio.
 
XIII Concentración de Embarcacións Tradicionais, do 22 o 24 de agosto. Nos vindeiros días ampliaremos máis información da concentración, regatas, concursos... así como dos concertos que se realizarán na carpa dos mariñeiros e que están abertas a todo a público visitante.
Se é do voso interese o mundo da vela tradicional non deixedes de visitar a páxina da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.